Mar de Aguaboa S.L. somos unha promotora instalada en Cangas do Morrazo, un pobo costeiro paradisíaco enclavado nas Rías Baixas. Mirar Cangas en fotos.
A nosa meta é fornecer un cálido fogar á xente que escolla esta enclave como residencia.
Para elo, ofertamos vivendas de excelente calidade e o mesmo tempo, reducindo as marxes de beneficio, prezos competitivos. Somos conscientes do esforzo que supón a adquisición dunha vivenda, e por elo poñemos todo o que está na nosa man para facilitarlle ás cousas ó comprador.
As obras que temos finalizadas neste momento son 2 chalets pareados en La Retirosa - CANGAS "Casas Cangas" así como apartamentos e estudos en Rodeira - CANGAS - "Pisos Cangas".
Nestas vivendas, temos as facilidades cotiás que fornece un pobo de 25.000 habitantes sen sufrir o estrés da gran cidade. Non obstante, están situadas a 20 minutos tanto por mar coma por terra, dunha gran cidade coma é Vigo.
Invitámoslle a que lle vote un ollo a nosa galería de fotos para facerse unha mellor idea da nosa oferta.
Dende o equipo de Mar de Aguaboa agradecémoslle a súa visita, saiba que estamos abertos a calquera suxerencia. Un cordial saúdo.